As solicitudes superan ó número de prazas disponibles. Hai lista de espera.
Narón, 19 de Novembro de 2013.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de pechar o prazo de inscrición para participar no III Mercado de 2ª Man de Narón, que se celebrará o domingo 22 de decembro no Recinto Feiral do Trece (Sedes) en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
No primeiro día de inscrición, rexistráronse máis de 90 solicitudes para os 70 postos disponibles (60 no interior e outros 10 na zona cuberta exterior) polo que a organización decidíu dar por concluído o prazo, e elaborar unha lista de espera coas solicitudes restantes.
A inscrición no Mercado de 2ª Man implica un compromiso de asistencia por parte do vendedor/a interesado. No caso de non poder asistir, deberá comunicarllo á organización cun mínimo de 5 días de antelación.