Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A FUNDACIÓN SANTO HOSPITAL DE CARIDAD ASINAN UN CONVENIO PARA ATENDER A PERSOAS SEN TEITO, REALIZAR PRÁCTICAS SANITARIAS E PRESTAR ASISTENCIA NO HOSPITAL XERAL 'JUAN CARDONA'
O Concello achegará 4.000 euros para sufragar os gastos derivados destos servizos, que se prestarán nas instalacións do Hospital Xeral, en Caranza.
Narón, 20 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Irmán Maior da Fundación Santo Hospital de Caridade, Alberto Lens, asinaron hoxe un convenio de colaboración acompañados pola Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. O obxecto do acordo é o desenvolvemento de accións sociocomunitarias entre o Concello de Narón e o Hospital Xeral “Juan Cardona”. En concreto, nas instalacións do Hospital Juan Cardona levarase a cabo un programa de colaboración mediante o cal se realizará: -Acollida de alumnos/as para realizar prácticas non laborais correspondentes a accións formativas como auxiliar de enfermería xeriática, coidado de maiores, etc…As prácticas estarán titorizadas por persoal técnico sanitario. -Posta a disposición do Concello de Narón do Albergue “Pardo de Atín” para o acollemento de persoas sen teito ou en situación de emerxencia por desahucio. -Posta a disposición do Concello de Narón das instalacións do Hospital Xeral para o acollemento de persoas maiores, por indicación médica, en situación de saúde física ou psíquica determinada, ou sen apoio familiar, en tanto se xestiona praza en residencia de maiores polos servizos sociocomunitarios municipais. O importe deste convenio é de 4.000 euros, e a vixencia é anual (ano 2013).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal