Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2014
Os presupostos para o vindeiro ano ascenden a 27.471.455 euros.
Narón, 22 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, presentaron hoxe en rolda de prensa os Orzamentos Municipais para o ano 2014, acompañados polos voceiros dos grupos políticos do goberno municipal (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Catalina García –PSOE- e Mª Rodríguez Porto –CG-). O documento contable para o ano 2014 ascende a un total de 27.471.455,77€, e foi aprobado onte na Comisión de Contas cos votos a favor de tódolos grupos políticos (TEGA, PSOE, BNG e CG) agás a abstención do PP. Trátase dun orzamento conservador, no cal quedan garantidos os ingresos e os gastos e onde se prioriza a atención ás familias” tal e como indicou o Alcalde. José Manuel Blanco explicou que “as partidas de axudas sociais, dependencia e infancia están consolidadas e se van a atender sexa como sexa”. O Orzamento Municipal do 2014, que deberá someterse á aprobación definitiva no Pleno do Concello de Narón, é un “presuposto base. Partimos só do que nos obriga a lei, e posteriormente iremos ampliándoo en función dos ingresos que nos cheguen doutras administracións, principalmente do Estado” declarou o primeiro edil, sinalando que agárdanse recibir aproximadamente 1,5 millóns de € que se unirán ó novo presuposto. Polo tanto, haberá novas ampliacións de crédito ó mesmo que aconteceu en anos anteriores (no Orzamento Municipal do 2013 partiuse dunha cantidade de 27.243.470,39 € e actualmente estase cerca dos 30 millóns de euros). Os obxectivos destos Orzamentos, segundo o Alcalde de Narón, son tres: garantizar as axudas sociais, prestar servizos municipais de calidade (auga, zonas verdes, limpeza viaria…) e realizar pequenas inversións. Todo iso controlando o nivel de endebedamento, que en Narón estará nun 32%, moi por debaixo do tope que marca o Estado (o máximo permitido supera o 70%) e mantendo a premura no pago a proveedores (as facturas páganse nun prazo medio de 40 días). O Concelleiro de Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, detallou os diferentes capítulos nos que se divide o Orzamento Municipal de 2014. Segundo explicou o edil, este documento “é a concreción do Plan Económico Financieiro e do Orzamento Marco que no seu dia aprobamos no Concello de Narón”. O delegado de Facenda declarou que “é un documento político, no que se prioriza a atención ás persoas frente ós recortes que están a facer outros gobernos “. Pablo Villamar detallou os diferentes capítulos de gastos recollidos no Orzamento: *Capítulo 1- Gastos de Persoal: 27,65 % (supón aproximadamente 7,5 millóns de euros do total) *Capítulo 2- Gastos correntes: 51,20 % (increméntase o 1,4% respecto ó ano 2013, e supón 14 millóns de euros. Aquí recóllense os gastos da prestación de servizos coma o alumeado, a recollida de lixo, os servizos xerais…) *Capítulo 3-Gastos financieiros: 1,33% (este capítulo redúcese casi nun 50% respecto ó ano actual porque baixan case a metade os cartos que o Concello ten que pagar en concepto de xuros ás empresas. Aproximadamente 365.000 €) *Capítulo 4- Transferencias correntes: 10,41% (baixa un 2,69%, grazas á reducción do importe que Narón ten que pagar pola prestación do Servizo Contraincendios por parte de Ferrol, que son algo máis de 400.000 €. O total deste capítulo ascende a 2.840.000 € nos que se inclúe o Orzamento do Padroado de Cultura, determinados Servizos Sociais, e actividades relacionadas co movemento asociativo e deportivo). *Capítulo 6- Inversións: 3,61% (isto supón 978.000€, máis do doble que o investimento previsto inicialmente nos Orzamentos do 2013. Increméntase un 52% ) *Capítulo 8- Activos financieiros: 0,26% *Capítulo 9- Pasivos financieiros: 5,54% (amortizaranse 1.516.000€ en concepto de débeda bancaria). No que respecta a ingresos, a distribución porcentual é a seguinte: *Capítulo 1- Impostos indirectos: 43% *Capítulo 2- Impostos indirectos: 1% *Capítulo 3- Taxas, prezos públicos e outros ingresos: 19% *Capítulo 4- Transferencias correntes: 36% *Capítulo 5- Ingresos patrimoniais: 0% *Capítulo 7- Transferencias de capital: 1% *Capítulo 8- Activos financieros: 0% En termos xerais, o Orzamento do ano 2014 “medra con respecto ó ano anterior, en consonancia cunha situación económica saneada o que nos permite non ter que solicitar ningún tipo de crédito bancario no vindeiro ano” indicou Pablo Villamar. Ademáis, a débeda pública baixará xa que se vai a abonar en próximas datas un crédito pendente que ascende a 875.000€ o que supón unha importante redución da porcentaxe de endebedamento. Tanto o Concelleiro de Xestión Orzamentaria coma o Alcalde de Narón quixeron agradecer ós funcionarios do Concello o “enorme esforzo que están a facer para atender coa maior premura posible a tódolos veciños e veciñas deste municipio” sinalou Villamar, indicando que este funcionamento da administración local fai posible aforrar moitos custos. O Alcalde de Narón aclarou que no Orzamento Municipal de 2014 non aparece reflexada unha partida específica para o novo Centro de Saúde do Alto posto que a Xunta de Galicia segue sen determinar nin os prazos nin a inversión que se realizará neste novo consultorio médico. “ Levamos todo este ano insistindo na necesidade de asinar un convenio entre o Concello e a Xunta no que se detallen os prazos para a construcción do Centro de Saúde, así coma a inversión prevista en cada unha desas anualidades” indicou o rexedor. Non obstante, José Manuel Blanco declarou que “en canto a Xunta de Galicia redacte e firme ese convenio, o Concello de Narón estará en disposición de aportar os cartos que lle correspondan”. Finalmente, o Alcalde quixo felicitar ós concelleiros que forman o Goberno Municipal de Narón “polo bo entendemento que reina entre todos. Somos un goberno conformado por catro sensibilidades políticas e todos souberon ceder e entender as prioridades para consolidar un orzamento onde o primeiro son as familias. E ademáis, o fixeron nun tempo record” concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal