Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE CONVENIOS CULTURAIS COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE O COUTO E A ASOCIACIÓN CULTURAL AREOSA
Ambos acordos contemplan a realización de actividades culturais en O Couto e Piñeiros durante todo o ano, por parte destas entidades.
Narón, 25 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de asinar sendos convenios de colaboración coa Asociación de Veciños de O Couto e coa Asociación Cultural Areosa, ambos en materia cultural. Na sinatura dos acordos, estivo acompañado polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo. O convenio coa AVV de O Couto foi refrendado polo seu presidente, Anselmo Beceiro, e contempla unha achega económica de 5.000 euros. Dentro do mesmo inclúense unha serie de actividades promovidas dende esta entidade veciñal, como: teatro afeccionado, Festival do entroido, Festival de Música Sacra, Festa das Letras Galegas, Os maios, Lumeirada de San Xoán, Festa do Pemento do Couto, Magosto, Tempo de música, Festival da 3ª idade, Canto coral e Festival de Reis. Respecto ó convenio coa Asociación Cultural Areosa, asinado polo seu representante, Bruno Gonzalez, contempla tamén a colaboración para o desenvolvemento das seguintes actividades culturais: Festa do socio, Certame de Habaneiras, Maios, Magosto, Festival de panxoliñas, canto coral, maratón de lectura, Día do Libro e Entroido. O importe deste convenio é de 5.000€, cunha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013), ó igual que o convenio anterior.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal