Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONVENIO E A ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA OS MALOS TRATOS (ALMAT) ASINAN UN CONVENIO PARA PRESTAR ASISTENCIA ÁS VITIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Narón, 26 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a representante da Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT), Carmen López, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Igualdade. O acordo establece unha achega económica de 2.000€ correspondentes a unha anualidade (de xaneiro a decembro de 2013) e a través do mesmo desenvolveranse diversos programas de interese social. En concreto, a asociación ALMAT levará a cabo programas de atención e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, xa sexa doméstica, ou maltrato de calquera índole. Máis concretamente, a entidade prestará atención ás persoas remitidas polo Servizo Sociocomunitario Municipal, nas seguintes áreas: -Asistencia psicolóxica. -Asistencia xurídica. -Acompañamento das vítimas en cantas xestións deban efectuar coma consecuencia da súa situación. -Tramitación do ingreso en Casas de Acollida se fose necesario, ou recurso solicitado pola persoa vítima de violencia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal