Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN DESENVOLVERÁ UN PLAN DE AUTOPROTECCIÓN NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE INFANTIL E PRIMARIA DE NARÓN
Comenzarán a implantarse nos centros a partires de febreiro de 2014.
Narón, 30 de Novembro de 2013.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, ven de anunciar o programa de “Autoproteccion nas escolas” que levará a cabo proximamente o persoal de Emerxencias Narón e do departamento de Seguridade e Saúde Laboral do Concello. Este programa está incluído nos convenios asinados entre o Concello de Narón e os Colexios de Educación Infantil e Primaria públicos do municipio: CEIP A Solaina, CEIP A Gándara, CEIP Ponte de Xuvia, CEIP Piñeiros, CIP O Feal e CRA de Narón. O Concello elaborará e implantará os plans de autoprotección en cada un destos centros, de forma sucesiva. Así, xa teñen comenzado os traballos no CEIP de A Solaina e no CEIP Ponte de Xuvia, con reunións coas equipas directivas, o profesorado e os representantes da ANPA para explicar o proxecto e recoller información sobre a actividade do centro. Está previsto que os primeiros Plans de Autoprotección sexan implantados en febreiro de 2014, ofrecendo formación de actuación en emerxencias ao profesorado, e realizando un simulacro en cada un dos centros. O Concello de Narón, a través de Emerxencias Narón e o departamento de Seguridade e Saúde Laboral, está a realizar un esforzo para a difusión dos principios da autoprotección, procurando formar a profesorado e alumnado na prevención e actuación segura ante emerxencias. Esta competencia debería ser asumida pola Xunta de Galicia, xa que a normativa autonómica de autoprotección e emerxencias obriga á elaboración e implantación deste tipo de plans nos centros escolares, ao existir risco pola incapacidade dos seus ocupantes de evacuar polos seus propios medios. Nembargantes, a Xunta de Galicia logo de obrigar mediante a Lei de Emerxencias e o Decreto sobre os plans de autoprotección na Comunidade Galega, desentendeuse da súa responsabilidade en canto titular dos centros educativos. Por esta razón, o Concello tense proposto unha ambiciosa folla de rota para dotar ao conxunto dos edificios e instalacións municipais de plans de autoprotección e emerxencias para a súa utilización en condicións seguras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal