Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS INSTALARÁ ALUMEADO LED NA ZONA DA FINCA DOPICO, EN A GÁNDARA
As novas lámpadas ofrecen máis luminosidade e menor consumo de enerxía eléctrica en comparación coas actuais luces de sodio.
Narón, 7 de Decembro de 2013.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, iniciará nos vindeiros días a substitución do alumeado de lámpadas de socio por luces LED en rúas públicas de Narón. O primeiro espazo onde se actuará será a zona da Finca Dopico (A Gándara), que comprende as seguintes rúas: Finca Dopico, Losada Diéguez, Armando Cotarelo, Luis Pimentel, e Alfonso X O Sabio. Nestas cinco rúas se substituirán os 23 puntos de luz de sodio por lámpadas LED, para o cal se invertirán 17.500 €. As luces LED supoñen un aforro enerxético do 40% anual do custo eléctrico, ademáis de ter unha durabilidade maior que as tradicionais luces de sodio e proporcionar unha luz máis intensa. As lámpadas de sodio de alta presión teñen unha duración aproximada de 12.000 horas, frente ás 50.000 horas das luces LED. Con isto evítanse 4 reposicións de lámpadas, o que conleva un aforro de 2.500€ anuais en luces. A instalación destas lámpadas se realizará nas vindeiras semanas. Sucesivamente, o Concello estudiará a implantación de luces LED noutros puntos do municipio “xa que queremos ampliar este tipo de alumeado polo aforro enerxético e medioambiental que supón” declarou o edil Pablo Mauriz. Características das novas luminarias: -Son estancas á suciedade e están protexidas contra chorros de auga potentes. -Son antivandálicas (teñen protección contra impactos). -Posúen dobre aislamento, polo que non existe risco de electrocución. -Teñen garantía de 10 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal