Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA COA EMPRESA EULEN O CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Actualmente, 147 persoas de Narón reciben esta atención domiciliaria.
Narón, 5 de Decembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a representante da empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, Sofía Currás, veñen de asinar o contrato para a prestación do servizo de Axuda no Fogar. Na sinatura do contrato tamén estivo presente o secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado Fernández-Canteli, quen deu fe do acto. Este contrato foi concedido mediante concurso público a esta empresa por un prazo de 2 anos (a contar dende o 12 de decembro de 2013) prorrogable ano a ano ata un máximo de catro. O prezo do mesmo é de 13,38 euros/hora máis IVE, ata un importe máximo de 975.000 euros/anuais (IVE incluído). O Servizo de Axuda no Fogar préstase actualmente a un total de 147 veciños/as de Narón, en dúas modalidades: axuda á dependencia (111 usuarios) e libre concorrencia (36 persoas). O coste deste servizo finánciase a tres bandas, con aportacións da Xunta de Galicia, do Concello de Narón e dos usuarios a través do copago. No ano 2012, o importe total destinado ó programa de Axuda no Fogar ascendeu a 1.027.000€ que foron financiados da seguinte maneira: -Xunta de Galicia: 625.000 euros -Concello de Narón: 332.000 euros -Usuarios: 70.000 euros

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal