Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNA IMAXE DO PAZO DA CULTURA GAÑA O IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 'CIDADE DE NARÓN'
O xurado valorou a calidade técnica e artística, ademáis da orixinalidade da instantánea premiada.
Narón, 13 de Decembro de 2013.- O IV Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ ten xa gañadores. O xurado (composto por un fotoxornalista de El Correo Gallego -Kiko Delgado-, o director de Cadena Dial Rías Altas -Alfonso López-, o técnico de Información e Comunicación do Concello de Narón -Manuel Rodríguez-, a responsable de Prensa do Concello de Narón -María Luaces-, e a Concelleira de Turismo de Narón -María Rodríguez Porto-) decidíu entre as máis de 150 imaxes presentadas ó concurso, otorgar os tres primeros premios ós seguintes participantes: 1º premio: Jose Luis Botana Pérez (Ferrol) “Lumpau”. Imaxe premiada: Vestíbulo do Pazo da Cultura. Premio: 750€ 2º premio: José Manuel Ferreiro Otero (Narón) “Garceta”. Imaxe premiada: Muiño das Aceñas. Premio: 300€ 3º premio: Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña) “Uxío”. Imaxe premiada: Praia de O Casal. Premio: 150€ Asimesmo, o Xurado seleccionou outras 10 fotografías que compondrán (xunto coas tres premiadas) o calendario do ano 2014, que editará a Concellería de Turismo e que estará a disposición dos vecinos de Narón a partires de xaneiro, no Rexistro Xeral do Concello. Entregarase de xeito gratuito. O IV Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ tiña como obxectivo amosar a riqueza de Narón tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. As imaxes presentadas ó certame respetaron estas temáticas na súa maioría, recollendo lugares de interese coma a Ponte de Xuvia, os muiños, o Río Xuvia, e celebracións tradicionais coma a recreación das Lendas da Pena Molexa ou o Oenach Atlántico.
Descarga de archivos
Primeiro premio
Tamaño:698,56 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es