Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN 'HABILITA 2013'
Este programa municipal ofreceu máis dunha veintena de cursos dirixidos a persoas en situación de desemprego.
Narón, 31 de Xaneiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe os diplomas do curso de “Manipulador de Alimentos”, incluído no itinerario formativo municipal Habilita 2013. Un total de 20 alumnos/as participaron neste curso, de 6 horas de formación e desenvolvido en decembro de 2013. A Concelleira de Formación Laboral destacou o carácter eminentemente práctico do mesmo, sinalando que “os pode permitir a entrada en certos ámbitos do mercado laboral, coma o comercio ou a hostalería”. Asimesmo, lembroulles que poden seguir contando co apoio do Concello de Narón, a través do Servizo de Orientación Laboral (situado no entrechán da Casa Consistorial) e inscribíndose proximamente en novos cursos de formación, aínda por convocar. O Alcalde de Narón tamén destacou a importancia de realizar este tipo de cursos de formación, argumentando que “nesta situación de crise económica o fundamental é prepararse. E dentro das competencias limitadas que temos os concellos, en Narón imos poñer todo da nosa banda para que teñades tódalas oportunidades de formación que poidamos ofrecervos”, concluíu José Manuel Blanco. Este curso forma parte do programa municipal “Habilita 2013”, que inclúe 22 cursos de formación desenvolvidos en decembro do ano pasado (cuxos asistentes están a recibir nestes días os diplomas). O orzamento total deste itinerario formativo é de 30.000€. A relación de cursos realizados é a seguinte: Ámbito das novas tecnoloxías: -Iniciación á busca de emprego en Internet. -Iniciación ó uso de navegadores, correo electrónico e perfís de redes sociais para o emprego. -Iniciación á procesador de textos Word. -Iniciación á folla de cálculo Excel. -Iniciación á base de datos Access. -Aplicativos libres. Ámbito interprofesional: -Prevención de riscos e saúde laboral. -Atención interprofesional ó público. -Manipulación de alimentos. -Destrezas básicas de camareiro/a. Cafetería, bar e restaurante. -Iniciación a teleoperador de ventas. Ámbito de mellora da empregabilidade: -Destreza de mellora de capacidades persoais e profesionais -Obradoiro de adestramento de entrevistas profesionais -Sesións de elaboración de cartas de presentación profesionais e currículums Ámbito de iniciación para o emprendemento: diversas ocupacións -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación ó manexo de invernadoiros -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á maquinaria agroforestal manual lixeira -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á cría de galiñas poñedoras e aves de engorde -Ocupación de comercio electrónico: Iniciación ás plataformas e técnicas de comercio electrónico Ámbito profesional ou ocupación de limpeza industrial: -Técnicas, produtos e útiles de limpeza industrial aplicada Ámbito interprofesional de innovación e transferencia de coñecemento: -Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios I - Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios II -Obradoiro de destrezas de autonomía na utilización e funcionamento con equipos informáticos domésticos Todos estes cursos estiveron dirixidos a persoas desempregadas, veciños/as de Narón. Os cursos foron de corta duración (dende as 10 horas dos máis breves ata as 60 horas dos máis longos) o que permitíu ós beneficiarios asistir a varios en poucos días. O programa Habilita 2013 tamén ten un carácter polivalente, o que faculta ós asistentes a aplicar as distintas técnicas aprendidas a diferentes ocupacións ou profesións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal