Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS ASISTIRON ÁS I XORNADAS DE EMERXENCIAS E AUTOPROTECCIÓN DO CONCELLO DE NARÓN
Participaron expertos de diversas entidades e organismos, relacionados coa seguridade cidadá e as emerxencias.
Narón, 3 de Febreiro de 2014.- Máis dun centenar de persoas asistiron ás I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección, organizadas polo Concello de Narón e Emerxencias Narón en colaboración coa Universidade de A Coruña, a AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón. Estas xornadas foron inauguradas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e se desenvolveron no Pazo da Cultura os días 30 de xaneiro e 1 de febreiro. O Programa das I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección do Concello de Narón, con entrada libre, foi o seguinte: Venres 31 de xaneiro 18:00 a 18:30 horas: Presentación das Xornadas Acto institucional- preside o Alcalde de Narón 18:30 a 19:00 horas: Lección Inaugural Andrés Pedreira Ferreño 19:00 a 20:30 horas: Mesa-redonda Evolución e perspectivas da autoprotección Modera: Rafael Pazos Louro Ponentes: Andrés Pedreira Ferreño, Victor Vázquez Pérez, Carlos García Touriñán, José Manuel Pena Salido. Sábado 1 de febreiro 10:00 a 11:00 horas: Ponencia A figura do técnico competente nos plans de autoprotección Daniel Lourenzo Mirón 11:00 a 11:30 horas: Descanso 11:30 a 12:30 horas: Ponencia A implantación dos plans de autoprotección: formación e información, simulacro e rexistro Victor Vázquez Pérez 13:00 a 14:30 horas: Ponencia Seguridade contra incendios. edificación e medios técnicos Jesús Valencia 14:30 a 16:00 horas: Descanso para xantar 16:00 a 17:30 horas: Ponencia A integración da seguridade vial nas labores de prevención José Antonio Carballido Vázquez Simón Cabarcos e Pedro Caneiro Beceiro 17:30 a 19:00 horas: Ponencia Psicología de emerxencias e a súa aplicación nos plans de autoprotección Concepción López Martín Mª Carmen González Hermo José María Rolón Varela

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal