Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO CHEGA ÓS 15.000 SOCIOS E DISTINGUE A DEZ PERSOAS COMO 'USUARIOS DE HONRA 2014'
O Alcalde e a Concelleira de Bibliotecas entregáronlles un diploma conmemorativo e un lote de agasallos institucionais de Narón.
Narón, 8 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, ofreceron hoxe unha recepción ó socio número 15.000 da Biblioteca Municipal do Alto. Trátase de Salvador Fernández Fernández, veciño de Xuvia, e usuario destas instalacións dende o pasado 31 de xaneiro de 2014. Ademáis, hoxe foron distinguidos dez “Usuarios de honra 2014”: Os Usuarios de Honra 2014 adultos son: Carmen Castro Vales Iván Paulo Valente Lorenzo Manuela Solla Díez Esperanza Porta Rodríguez Jorge Marcos González Baamonde Os Usuarios de Honra infantís (menores de 14 anos) son: Miguel Rodríguez Collado Álvaro Pita Canosa Juan Romero Durán Anxo Garrote Pereira Alicia Garrote Pereira A categoría de “Usuarios de honra 2014” foi concecida a cinco persoas adultas e cinco nenos/as que durante o ano 2013 tiveron unha especial vinculación coa Biblioteca Municipal do Alto, participando de maneira activa nos seus servizos e actividades. No caso dos usuarios infantís, son nenos e nenas que ademáis de levar moitos libros e outros documentos en préstamo, participaron en contacontos e obradoiros que leváronse a cabo durante o ano 2013. No caso das persoas adultas son tamén usuarios/as activos do préstamo e outros servizos coma a sala de lectura e a aula de informática. Algúns deles incluso fixeron suxerencias de compra de materiais bibliográficos. En total, os usuarios de honra adultos retiraron entre 90 e 150 libros en préstamo ó longo do ano, e os usuarios de honra infantís entre 55 e 140 exemplares. AS CIFRAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO ANO 2013 Préstamos efectuados: Monografrías: 31965 volumes. Documentos sonoros: 155 volumes. Documentos audiovisuais: 639 volumes. Documentos electrónicos: 145 Total: 32904 documentos Media de préstamos/día: 116,68 Usuarios: Número de novas altas: Durante 2013 déronse de alta como usuarios da biblioteca 522 novas persoas, das cales: 458 viven en Narón (87,74%) 64 viven noutros concellos (12,26%) Principalmente en Ferrol, Neda e Valdoviño. 510 déronse de alta na Biblioteca Central (97,70%) 12 déronse de alta nas bibliotecas filiais (2,30%) 299 son mulleres (57,27%) 223 son homes (42,73 %) Visitas á Biblioteca: Mulleres menores de 14 anos: 6863 Homes menores de 14 anos: 6947 Mulleres adultas: 27353 Homes adultos: 23876 Total visitas: 65039 Media de visitas ao día: 230,63 Actividades: Exposicións bibliográficas temáticas: • Día do pai. • Día da nai. • Día da Familia. • O verán. • O Nadal. Exposicións bibliográficas biográficas: • Hans Christian Andersen (no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil). • José Luis Sampedro (homenaxe no seu pasamento). • Antonio Muñoz Molina (Premio Príncipe de Asturias das Letras). • Manuel Álvarez Torneiro (Premio Nacional de Poesía 2013). • Clara Sánchez (Premio Planeta de Novela 2013). • Nelson Mandela (homenaxe no seu pasamento). Exposicións Artes (manualidades, pintura, fotografía…)  Exposición de manualidades da A.VV. de Doso.  Exposición de manualidades da A.VV. da Gándara.  Mostra fotográfica “10 anos de biblioteca”.  Exposición de pintura do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.  Exposición de manualidades do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.  Exposición “Coidando o noso mar”, cedida polo CEIDA.  Exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento.  Exposición de pintura “O ciclo da vida” da Asociación Cultural Tartares.  Exposición fotográfica das actividades realizadas en 2013. Presentación de libros (2) • Esto no es una fábrica de sonrisas, de Paula Merlán. • Homiños, de Mario Caneiro Contacontos infantil: 19 sesións Visitas guiadas: 624 persoas pasaron pola biblioteca *Novidades do ano 2013: -I Mostra do libro usado e de segunda man, na semana anterior ao Día do Libro -Dúas xornadas de Bookcrossing. Outras actividades realizadas: Audicións musicais. Xuntanzas do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF)

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es