Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA INFANTIL DE XUVIA INTEGRARASE NA REDE AUTONÓMICA 'A GALIÑA AZUL' EN SETEMBRO DE 2015.
O Concello licitará a concesión desta Escola Infantil durante un ano, para que poda funcionar xa no curso 2014/2015.
Narón, 11 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entrevistouse hoxe en Santiago coa Directora Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia, Amparo González. Esta reunión tivo un resultado satisfactorio, posto que a representante autonómica anunciou ó rexedor que a Xunta de Galicia integrará a Escola Infantil de Xuvia na rede A Galiña Azul a partires de setembro do ano 2015. José Manuel Blanco expresou a súa satisfacción por ter chegado a este acordo, salientando que “cando as administracións traballan en conxunto, coma neste caso, pódese chegar a solucións satisfactorias” declarou. O Alcalde destacou a importancia desta decisión, que beneficiará ós nenos e nenas de Narón e confiou en que no futuro, podan integrarse nesta rede as outras tres Escolas Infantís Municipais existentes neste municipio. Dado que a Escola Infantil Municipal de Xuvia está lista para entrar en funcionamento e tendo en conta que existe lista de espera nas outras tres EIM de Narón, o Concello ten previsto sacar a concesión demanial esta escola, para que poida funcionar de xeito privado no curso 2014-2015. En breve se redactarán as bases administrativas e neste mes se licitará a concesión, valorándose que os prezos do servizo “se acheguen o máximo posible ós das escolas públicas” declarou o Alcalde. A Escola Infantil Municipal (EIM) de Xuvia dispón dunha superficie total de 732,84 m2 e conta cun patio cuberto de 284,25 m2. Dispón de 2 aulas e 1 aseo por cada grupo de idade (0-1, 1-2, e 2-3), comedor, cociña e despensa, sala de usos múltiples, sala de educadores, un despacho, almacén, vestíbulo, vestiarios, lavandería, patio exterior cuberto e saída de emerxencia. A EIM de Xuvia é a cuarta instalación destas características das que dispón o municipio. Actualmente, Narón conta con tres EIM situadas en A Solaina (aberta no 2002), Piñeiros (2006) e A Gándara (2008) xestionadas actualmente pola empresa Eulen S.A. Ademáis, existe unha quinta EIM planificada no Polígono de Río do Pozo, cuxas obras están sen comenzar. A necesidade de abrir a cuarta Escola Infantil é evidente, posto que nas outras tres instalacións a ocupación media anual ronda o 99%. En cada unha delas, ofrécense un máximo de 82 prazas en xornada completa, que poden duplicarse (sendo 164) n o caso de ser prazas de media xornada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal