Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE EN MARZO UNHA EXPOSICIÓN E UN FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DE 'MEDICOS SIN FRONTERAS'
O evento musical celebraráse o sábado 15 de marzo, e actuarán a banda infantil de Sementeira, a Escola de Bailes de Salón Tedaga, e a Coral Amistade de O Couto.
Narón, 27 de Febreiro de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá no mes de marzo unha iniciativa solidaria a favor da ONG “Médicos sin Fronteras”. Trátase dunha exposición fotográfica e un festival solidario que tratarán de amosar a realidade que se vive no terceiro mundo, e as dificultades que ten a poboación para acceder a algo tan fundamental e prioritario como é a mediciña. A exposición fotográfica de Médicos sin Fronteras poderá visitarse no vestíbulo do Pazo da Cultura de Narón, do 3 ó 15 de marzo, no seguinte horario: de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 19 horas. Está formada por cerca de 40 instantáneas que reflexan, na súa maioría, historias da África subsahariana. A outra das accións solidarias se desenvolverá o sábado 15 de marzo ás 18:00 horas no Pazo da Cultura. Alí se levará a cabo un Festival Solidario a beneficio de Médicos sin Fronteras, no que participarán de xeito altruista: -A Banda Infantil da agrupación Sementeira -A Escola de Bailes de Salón TEDAGA -A Coral “Amistade” de O Couto As entradas estarán á venta a partir do luns 10 de marzo, nas billeteiras do Pazo da Cultura, ó prezo de 5€.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es