O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS NO ANO 2014 EN TRABALLOS DE MANTEMENTO E MELLORA DAS ZONAS URBANA E RURAL DE NARÓN
Narón, 1 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón realizará neste ano 2014 diferentes obras de mantemento tanto na zona rural como na urbana, que en conxunto suman máis de 2 millóns de euros.
ZONA RURAL:
DOSO: 36.200
PEDROSO: 64.800
SEDES: 80.900
CASTRO: 60.400
O VAL: 70.984
SAN MATEO: 41.800
SAN XIAO: 74.200
Total zona rural: 429.284
ZONA URBANA:
XUVIA: 87.294
PIÑEIROS: 84.400
ALTO DO CASTIÑEIRO: 166.353
O COUTO: 51.500
A GÁNDARA: 142.462
SANTA ICÍA: 38.632
Total zona urbana: 570.641
A suma das inversións entre a zona rural e a urbana alcanza os 999.925 , que proceden do Plan de Obras e Servizos (POS 2014), do Plan DTC da Deputación e inversión municipal. A esta cantidade hai que sumarlle outros 435.915 procedentes de fondos do Concello, que se destinarán a distintas actuacións de mellora na zona rural (informática, protección civil, alumeado, servizos xerais, etc
).
A todo isto hai que sumarlle outros 940.000 que ten consignado o Concello nos Orzamentos Municipais deste ano, para diferentes obras de mantemento de vías, novos puntos de alumeado e parques e xardíns, nas zonas urbana e rural. A maiores, a Concellería de Obras Públicas tamén conta cunha partida de 55.000 para realizar desbroces na zona rural.
Sumando tódalas inversións previstas, o total é de 2.430.840 que se destinarán a traballos de mantemento e mellora da zona rural e da urbana.