Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN OPTA Ó PREMIO 'PONLE FRENO' NA CATEGORÍA DE MELLOR ACCIÓN DE SEGURIDADE VIAL
Os internautas decidirán a quen entregan o premio. Pódese votar na web www.antena3.com/ponlefreno
Narón, 4 de Febreiro de 2014.- O Concello de Narón acaba de ser nominado á VI edición dos Premios Ponle Freno, na categoría de “Mellor iniciativa de Seguridade Vial”. O xurado de Ponle Freno reuníuse no día de onte para elixir ós nominados nas catro categorías destes premios (Ciudadano Ponle Freno, Premio AXA á Innovación en materia de Seguridade Vial, Ponle Freno Junior, e Mellor Acción de Seguridade Vial) , que se fallarán o vindeiro 20 de marzo, no Senado (Madrid). Ponle Freno é unha iniciativa de Antena 3, Onda Cero e Europa FM en colaboración coa aseguradora AXA, e trata de mellorar a seguridade vial tanto dos peóns coma dos conductores e pasaxeiros. O premio á Mellor Acción de Seguridade Vial será elexido polos internautas, que poderán votar na páxina web de Ponle Freno (www.antena3.com/ponlefreno) As tres propostas que compiten polo premio son as seguintes: -Concello de Narón: campaña continuada de Educación Vial e perigos do alcohol no volante, dirixida a alumnos/as da ESO e Bacharelato. Ademáis da parte teórica, fanse prácticas cun simulador e unha gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol. Esta campaña está desenvolvida polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, integrado por Pedro Caneiro (Policía Local) e Simón Cabarcos (técnico de INEF), baixo a coordinación da Concellería de Seguridade Vial de Narón. -Sistema de detección de ciclistas: desenvolvido pola casa Volvo, que desenvolveu un sistema que grazas a un radar e unha cámara situados no coche, é capaz de detectar ciclistas e evitar o posible atropelo en caso de accidente. -Dos gardas civís neutralizan un cabalo desbocado: acción de dous gardas civís de Sevilla que foron capaces de deter a un cabalo desbocado sobre o que ía montado un neno de 10 anos, e que circulaba en sentido contrario por unha vía de circunvalación. Esta é a segunda vez que o Concello de Narón opta ó premio Ponle Freno, que xa gañou no ano 2011 na categoría de “Ponle Freno Junior”.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es