Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ALCALDES DE NARÓN E NEDA ACORDAN REVISAR OS LÍMITES XEOGRÁFICOS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
Agárdase que no ano 2015 esté rematado o proceso de definición dos límites.
Narón, 5 de Marzo de 2014.- Os Alcaldes de Narón e Neda, José Manuel Blanco e Ignacio Cabezón respectivamente, mantiveron recentemente unha entrevista institucional no Concello de Narón na que se falou principalmente da necesidade de fixar os límites xeográficos entre ambos municipios, posto que a última revisión dos mesmos data dos anos 50. Actualmente Narón ten xa pechados os límites co Concello de Ferrol (de xeito definitivo) e con Valdoviño (pendente de informe da Xunta de Galicia), e está a iniciar o proceso co Concello de San Sadurniño. Coa incorporación de Neda ó proxecto, o Concello de Narón agarda ter tódolos límites establecidos de xeito definitivo antes de que finalice esta lexislatura, no ano 2015. “Queremos establecer os límites entre Narón e Neda, e en principio non hai grandes contradicións entre ambos concellos nas nosas propostas” sinalou ó respecto José Manuel Blanco, Alcalde de Narón. O rexedor naronés explicou que tras esta primeira toma de contacto, haberá unha reunión técnica para definir as liñas de actuación, e posteriormente para iniciaros traballos de delimitación haberá que crear unha comisión da que formarán parte veciños e representantes políticos de ambos municipios.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es