Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA MESA REDONDA SOBRE EDUCACIÓN EN IGUALDADE CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER
A cita é o mércores 12 de marzo, a partires das 18:00 horas, no Local Social Municipal de O Alto. Participan catro mulleres destacadas, de diferentes ámbitos da sociedade.
Narón, 11 de Marzo de 2014.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, convoca para o mércores 12 de marzo ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto, unha mesa redonda titulada “Educando en igualdade”. A entrada é de balde. Nesta convocatoria se tratará o tema da educación en igualdade, intentando sensibilizar á poboación, analizando os estereotipos de xénero na familia, na escola e na comunidade, e as formas de manifestarse e medios para combatelos. Esta dinámica permitirá que participen persoas que sexan referentes nos distintos eidos, para poder falar da súa experiencia. Deste xeito, compartiranse actitudes e puntos de vista diferentes para analizar a realidade, potenciando un espazo de intercambio e de apertura do pensamento propio e doutras persoas. A moderadora será Cristina Justo, Socióloga experta en Igualdade. Contarase coas seguintes participantes: -Mª del Carmen López (Psicóloga da Asociación de Loita contra os malos tratos “Almat”) -Eugenia Méndez (Xerente da Fundación Terra de Trasancos) -Maria Jesús Pérez (secretaria Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia “Acadar”) -Chus Barreiro (Maestra do Instituto de Educación Secundaria As Telleiras) Este acto forma parte do programa conmemorativo do 8-M, Día Internacional da Muller. No mesmo marco, o venres 14 de marzo celebrarase a tradicional Cea de Mulleres, no Restaurante “A Trasanquesa” (Sedes) no que se volverá a homenaxear a Dolores Graña Freire, elexida Muller do Ano 2014 en Narón.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es