Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE CLARA CAMPOAMOR CONTA DENDE HOXE CON 35 NOVOS ÁRBORES, PRANTADOS POR ESCOLARES DO COLEXIO SANTIAGO APOSTOL
A prantación foi promovida pola Corporación Masaveu -propietaria da fábrica de cemento de Castro- dentro das IV Xornadas de Sensibilización Medioambiental.
Narón, 13 de Marzo de 2014.- O parque da praza Clara Campoamor (A Gándara) conta dende esta mañá con 35 novos árbores, que foron plantados por 47 alumn@s de 6º de Primaria do Colexio Santiago Apostol, e por membros da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde, José Manuel Blanco. Tamén asistiron o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o concelleiro do PP Hipólito Fariñas. En representación da Corporación Masaveu, hoxe desprazouse a Narón a directora de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Masaveu, Alicia Castro Masaveu. Esta iniciativa foi organizada pola Corporación Masaveu, propietaria da fábrica de cementos Tudela Vegín en Castro (Narón), dentro das súas IV Xornadas de Sensibilización Medioambiental. Con anterioridade, a plantación de árbores realizouse durante tres anos consecutivos na propia fábrica, que xa dispón de máis dun centenar de árbores plantados por escolares. As especies prantadas hoxe son manzanos (10 unidades), acacias (15 unidades) e albarrobos (10 unidades).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es