Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E O PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE PREVENCIÓN E EMERXENCIAS
Ten unha vixencia anual, e o Concello achegará 13.000 euros para o desenvolvemento do programa.
Narón, 19 de Marzo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Narón, José Ángel Rodríguez Casal, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de emerxencias, prevención de situacións de graves riscos, catástrofes ou calamidades públicas, correspondente á anualidade do 2014. En virtude deste acordo, o Concello dotará á AVPC de Narón do vestiario e calzado axeitado para o cumprimento das súas funcións, e facilitará materiais de intervención e vehículos adscritos ó Servizo de Protección Civil, ademáis dunha achega económica de 13.000€. Pola súa banda, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón comprométese a: -Garantir protección e socorro de persoas e bens en situacións de emerxencia normativamente previstas. -Colaborar na elaboración do Plan de Emerxencia Municipal (PEMU). -Colaborar na celebración de actos culturais, deportivos, sociais, etc, que o Concello de Narón organice, sempre dentro das tarefas relacionadas coa materia de Protección Civil, e especialmente nas de seguridade. -Participar nos Grupos Operativos do PEMU. -Colaborar nos simulacros de emerxencia. -Colaborar na formación para o uso dos Desfibriladores Automáticos (DESA). A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón foi constituída no ano 1992 e se rixe por un Regulamento propio, aprobado polo Concello Pleno en data 29 de setembro de 2000.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal