O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A GALA SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN ALBA PÉREZ, DE LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL
Se celebra o sábado 12 de abril, coa participación de artistas de toda Galicia. As entradas xa están á venta nas taquillas do Pazo, ó prezo de 5 euros.
Narón, 3 de Abril de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil. O evento está organizado pola delegación galega desta asociación -coordinada pola estilista Mónica Cereijo- en colaboración co Concello de Narón. A Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, fixo un chamamento hoxe á participación nesta gala, de marcado carácter solidario e cuxa recadación irá destinada integramente á investigación contra esta enfermidade.
As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura (prezo: 5) e agárdase a presenza dos seguintes artistas:
-Leo KCH (grupo de Rap)
- Martín Varela (Ilusionista)
-Fran Nogueira (Monologuista e Presentador)
-Bucanero (Dúo Cómico)
-La GuaGua (Animación infantil)
-Payaso Popín
-Susana Seivane
-Fusion Dance (Academia de Baile)
-Dani Ríos (Cantante)
-Víctor Grande (Artista)
Ademáis, haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores.
A Asociación Alba Pérez de Loita contra o cancro infantil foi creada en marzo do ano 2012 polos pais de Alba, unha nena á que se lle diagnosticou con 5 meses de idade un agresivo sarcoma de Ewing (cancro infantil) e faleceu tras librar unha longa e durísima loita contra a enfermidade, 5 anos despois.
Esta asociación foi creada co único obxectivo de recadar fondos para investigar o cancro infantil e ata hoxe xa ten doado:
-56.000 ó laboratorio de investigación do Hospital San Joan de Deu de Barcelona.
-200.000 a Oscar Martínez, investigador e responsable do departamento de Sarcomas do centro Idibell en Barcelona.
Desgraciadamente cada ano se diagnostican 1.200 novos casos coma o de Alba, e segundo a FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) esta enfermidade está clasificada coma rara e polo tanto, practicamente non se destinan fondos públicos para investigala. Por ese motivo, a Asociación Alba Pérez segue loitando para recadar fondos e financiar novas liñas de investigación que permitan encontrar unha cura.
O pai de Alba Pérez ten confirmada a súa presenza na Gala do Pazo da Cultura, o vindeiro sábado 12 de abril. Para entrevistalo, podedes contactar coa organizadora: Mónica Cereijo (teléfono 667 62 66 95).
Pódese colaborar económicamente coa asociación, a través de varias formas:
-Conta corriente: 2100-0638-66-0200191250 (La Caixa)
-Donativos de cuantía libre, a través de tarxeta de crédito:
http://www.migranodearena.org/asociacionalba3
-Donativos de 1 ó mes, a través de conta corriente ou tarxeta de crédito:
https://www.teaming.net/sialbalucha-yolucho
Para máis información sobre a Asociación, pódese consultar a web oficial:
http://www.asociacionalbaperez.org