Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PERSOAL DO CONCELLO DE NARÓN RECIBE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA O USO DE DESFIBRILADORES SEMIAUTOMÁTICOS
Narón dispón de 10 desfibriladores, ubicados en instalacións públicas municipais.
Narón, 16 de Abril de 2014.- O Concello de Narón ven de organizar un Curso de iniciación ó uso de desfibriladores externos semiautomáticos, que se celebrou os días 10 e 16 de abril, cun total de 8 horas de formación. Estivo dirixido a persoal municipal (administrativos, Policía Local e persoal de Servizos, entre outros). O curso de DESA (Desfibriladores Semiautomáticos) foi impatido por persoal de Emerxencias Narón (pertencente ó Concello de Narón, que é unha entidade acreditada para impartir formación no uso de DESA pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia) en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón. Narón é un concello comprometido coa cardioprotección, para o cal conta con persoal formado no uso de DESA e equipos instalados nos principais centros de traballo e nos espazos de pública concorrencia. En conxunto, Narón dispón de 10 desfibriladores situados nos seguintes lugares: Concello, Pazo da Cultura, Pavillón de A Gándara, Pavillón de As Lagoas, Pavillón Campo da Serra, Estadio Municipal de Río Seco, Campo de Fútbol de O Val, Campo de Fútbol de Piñeiros, vehículo de Atestados da Policía Local, e Servizo de Emerxencias Narón. A Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e o uso de DESA tense demostrado como a combinación máis eficaz contra as paradas cardiorrespiratorias. A actuación do primeiro intervinte é fundamental para o éxito da reanimación, xa que cada minuto que pasa sen atención as posibilidades de reanimación redúcense nun 10%.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal