Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ACTOS DA ROMARÍA DA O, EN PEDROSO
Celébrase do xoves 8 ó domingo 11 de maio, cando terá lugar a tradicional peregrinación dende O Couto ata a Capela da O, en Pedroso.
Narón, 5 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de actos da Romería da O, acompañado por representantes das tres entidades que organizan este evento: a Asociación de Veciños ‘Virxe da O’ de Pedroso, a Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, e a Comisión de Festas da Romaría da O. A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, non puido asistir á presentación por cuestións de forza maior. O rexedor naronés destacou a importancia que ten para o Concello “o feito de recuperar tradicións, e unha das máis importantes que temos é a da Romaría da O. Trátase dunha festa fundamentalmente popular, que nos seus inicios congregaba a moitísima xente entorno á Capela da O, e queremos que iso se volva a repetir” sinalou José Manuel Blanco. O Alcalde felicitou á AVV de Pedroso, á SCR A Pombiña e á Comisión de Festas “posto que sodes os verdadeiros artífices desta recuperación”. Pola súa parte, o vicepresidente da AVV de Pedroso, Roberto Bouzas, agradeceu ó Concello “a súa implicación na celebración da Romaría da O, especialmente á Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto”. Tamén dende a SCR A Pombiña felicitouse ó Concello “polo apoio que nos vides dando para que esta Romaría poida celebrarse e sexa un éxito. Agardamos que veña tanta xente coma o ano pasado, ou incluso máis” comentou a presidenta da sociedade A Pombiña, Ana Belén García. Por último, dende a Comisión de Festas se comentou que ademáis da tradicional Romaría, haberá misas na Capela da O o domingo dende as 9 ata as 13 horas, a tódalas horas, e pola tarde ás 17 horas. Ademáis, contarase con dúas orquestras o sábado (Satélites e Superfama) e con unha o domingo (Trébol). Programa de actos da Romaría da O: Xoves 8 de maio 19:00 horas: Mesa redonda e coloquio sobre “As tradicións da Romaría da O” no local da SCR A Pombiña de Pedroso. A continuación, ofrecerase unha copa de viño español e poderase disfrutar da exposición fotográfica “Pedroso e a súa xente no século XX”. Venres 9 de maio Pola maña: marcha ciclista de nenos/as de colexios de Narón e San Sadurniño ata a Capela da Virxe da O, onde recibirán unha pequena charla sobre a historia desta Romaría. 18:00 horas: Obradoiro de roscos de pan no local da SCR A Pombiña. Os roscos serán subastados o domingo día 11, antes da sesión vermut. 20:30 horas: Actuación do Grupo de Baile Moderno de A Pombiña. Domingo 11 de maio 9:30 horas: Ruta de peregrinación á Romaría da O, con saída dende o Mosteiro do Couto, pasando polo Camiño Inglés ata Xuvia, en dirección á Capela da O pola beira do río Xuvia. Duración aproximada: 3 horas. Os romeiros recibirán unha acreditación (a poderán selar nos puntos de saída e chegada) e unha pañoleta identificativa. 12:30 horas: Procesión dende A Pombiña –cos estandartes dos roscos- ata a Capela da O. 17:30 horas: Bautismo de Aeromodelismo, organizado pola asociación de Aeromodelismo de A Pombiña. Poderán probar a pilotar unha avioneta teledirixida tódalas persoas que o desexen. 18:00 horas: Entrega do premio á merenda máis orixinal. 18:30 horas: Actuación do Grupo de Baile Galego do Padroado de Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal