Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN RECIBE UN PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
O galardón recoñece a calidade da Programación Cultural de Narón.
Narón, 5 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recolleu o pasado sábado 3 de maio en Pontevedra o Premio AELG “Institucións 2014” outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Con este premio, recoñécese a calidade da Programación anual de Teatro de Narón deseñada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. O director do Padroado, Luciano Fernández, acompañou ó Alcalde a recoller o galardón, entregado no transcurso da “Gala das Letras” celebrada no Teatro Principal de Pontevedra. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destacou nesta gala a aquelas entidades que contribuíron á divulgación da lingua e cultura galegas, a través do apoio ó teatro galego, que por extensión significa o respaldo á normalización da cultura e a lingua galega.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal