O ALCALDE DE NARÓN INAUGURA A 2ª XORNADA DE TÉCNICOS EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
Desenvólvese no día de hoxe no Pazo da Cultura de Narón, organizada polo IES Leixa.
Narón, 8 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inaugurou hoxe a 2ª Xornada de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, que estase a desenvolver durante esta xornada no Pazo da Cultura de Narón, organizada polo IES Leixa.
No acto de inauguración tamén participaron o director xeral de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López, o director da Area Sanitaria de Ferrol, Angel Facio, a directora do IES Leixa, Ana Roel Ares, e a Tenente de Alcalde de Ferrol, Susana Martínez Galdós.
O Alcalde de Narón deu a benvida ós participantes nesta xornada, que suman cerca de 400 persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia. José Manuel Blanco recalcou o papel fundamental que ten a Enfermería hoxe en día e que resulta de vital importancia nos tempos que corren. Os profesionais desta rama precisan dunha formación continua para afrontar os novos retos que encaran no seu dia a dia, e por iso xornadas coma esta constitúen unha excelente oportunidade para o intercambio de experiencias e formación asegurou o rexedor naronés.