Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
Homenaxearase a Díaz Castro a través de contacontos e obradoiros de pintura e creatividade literaria, ademáis da celebración do XXV Certame Intercentros.
Narón, 8 de Maio de 2014.- A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa a programación de actividades que desenvolverá o Servizo de Normalización Lingüística, para dar a coñecer a figura de Xosé María Díaz Castro (autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014) entre os máis pequenos. A edil estivo acompañada nesta convocatoria pola técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Adela Pita. As accións que desenvolveranse para conmemorar as Letras Galegas 2014 son as seguintes: -Contacontos “O neno e a estrela” dirixido a nenos/as de 3 a 6 anos. Trátase dunha narración oral que inventa as aventuras e trasnadas do pequeno Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Asimesmo, presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a infancia do poeta. Esta narración oral terá lugar: *O luns 12 de maio de 18:00 a 18:30 horas na Biblioteca Municipal do Alto (é preciso reservar praza na Biblioteca). *O martes 13 de maio nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. -Obradoiro “Renova a camisola con Díaz Castro”. Esta actividade consiste nun taller de pintura e creatividade literaria sobre camisolas, dirixido ó alumnado de Primaria e Secundaria. Desenvolverase en dous lugares: *Para nenos/as de 7 a 12 anos, na Biblioteca Municipal de Narón o luns 12 de maio, de 19:00 a 20:30 horas (é preciso reservar praza na Biblioteca). *Para o alumnado da ESO nos seguintes centros escolares: -O Feal: luns 12 de maio -Jorge Juan: martes 20 de maio -Santiago Apóstol: desenvolveuse o martes 6 e hoxe 8 de maio. -Celebración do XXV Certame Intercentros do Concello de Narón, o venres 16 de maio no Auditorio da Praza de Galicia, organizado polo CEIP Ponte de Xuvia. Outra das actividades promovidas polo Servizo de Normalización Lingüística é o Curso básico de curtametraxes e blogs, que pretende ser unha iniciación á creación audiovisual ao redor do proxecto “O nobelo do tempo” de recollida e reelaboración da tradición oral. O curso é para maiores de 18 anos. O obxectivo deste curso é formar xente capaz de levar adiante as súas pequenas pezas audiovisuais, e facerlles ver a riqueza do imaxinario popular para a construción de historias. Para iso, ó longo do curso realizaranse unha ou varias curtametraxes, baseadas no material previamente recollido en “O nobelo do tempo”. Segundo explicou a Concelleira de Educación, neste curso “se traballarán nocións básicas de teoría audiovisual para a súa posta en práctica, ao tempo que se aprende a facer e xestionar un blog. Con este curso, trátase de abrir novas portas á formación de persoas de cara ó mercado laboral, ofrecéndolles coñecementos que poden ser de moita utilidade” indicou Mª del Carmen Espada. Este curso desenvolverase na Aula CEMIT de Xuvia do 28 de maio ó 27 de xuño, os mércores e venres de 18:30 a 20:30 horas, cunha duración total de 20 horas. Existen 20 prazas dispoñibles, e as persoas interesadas terán que matricularse a partir do 12 de maio no Rexistro Xeral do Concello.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es