ENTIDADES DE NARÓN PINTAN UN MURAL NO LATERAL DO AUDITORIO MUNICIPAL PARA SENSIBILIZAR SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO
Trátase dunha actividade promovida pola Concellería de Igualdade, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Narón, 16 de Maio de 2014.- A Praza de Galicia acolleu onte, xoves 15 de Maio, un acto reivindicativo organizado pola Concellería de Igualdade, dentro da programación do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller.
Trátase dunha convivencia artística na que participaron diferentes entidades asociativas de Narón, confeccionando entre todas un Mural Conmemorativo, co fin de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de seguir traballando por conseguir plenos e iguais dereitos para mulleres e homes.
O artista naronés Leandro perfilou o mural sobre unha das fachadas do Auditorio Municipal, e a continuación as entidades participantes encargáronse de darlle vida a través do color. A relación de entidades participantes foi a seguinte:
-Asociación Mulleres Ferrerías (Xuvia)
-AVV de San Xiao
-AVV de Freixeiro
-Asociación da 3ª Idade de Pedroso
-Fundación Terra de Trasancos (O Val)
-AVV O Val
-ASPANAES
-Asociación Sociocultural de Minusválidos
-Fundación Secretariado Xitano
-AVV de A Solaina
-AVV Virxe do Mar
-Grupo de apoio á lactancia materna BBTTA
-Asociación As Regueifas (O Feal)