Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FERIAL DO TRECE ACOLLE O DOMINGO 8 DE XUÑO O IV MERCADO DE 2ª MAN
A entrada é de balde, e haberá animación infantil e sorteo de agasallos entre os visitantes.
Narón, 2 de Xuño de 2014.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de pechar o prazo de inscrición para participar no IV Mercado de 2ª Man, que se celebrará o domingo 8 de xuño no Recinto Feiral do Trece (Sedes). A entrada é de balde, e o horario deste evento será de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. Os vendedores ofrecerán produtos téxtiles, calzado, xoguetes, libros e outros tipos de artigos. Queda prohibida a venta de animais, produtos alimenticios e bebidas. Ademáis do Mercado de 2ª Man, a organización ten deseñado un programa de Animación Infantil con actividades coma a globoflexia, maquillaxe facial, e obradoiros para nenos/as. Tamén haberá un sorteo de obxectos doados por empresas colaboradoras desta feira. Os vendedores aportarán coa súa asistencia 1 quilo de alimentos ou produtos de hixiene que irán destinados ó Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. Esta iniciativa tamén estará aberta á participación dos visitantes, que poderán doar os produtos que consideren.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal