ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES PARA A PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL
O Concello achegará 9.000 euros para a realización de diferentes programas de apoio ós comerciantes locais.
Narón, 26 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de promoción económica.
En virtude deste acordo, o Concello de Narón realizará unha achega de 9.000 correspondente á anualidade do 2014, para a realización de actividades de promoción do comercio local. En concreto, con esta aportación se financiará a recente Campaña de Promoción do Comercio Local no Nadal, e o servizo de Xestión e Asesoramento a PEMES de Narón.
Ademáis, a Concellería de Promoción Económica de Narón, dirixida polo edil Pablo Villamar que tamén estivo presente hoxe na firma do convenio- mantén na actualidade a 2ª edición do Plan de Formación a Autónomos, PEMES e Pequeno Comercio de Narón, cuxa calidade foi destacada hoxe pola presidenta da ACN. Estas charlas formativas están sendo moi ben acollidas, porque dan resposta a moitas dúbidas que temos os comerciantes. Son charlas moi prácticas, con cuestións que podemos aplicar no día a día ó noso traballo. Por iso quero animar ós comerciantes que aínda non acudiron a que asistan declarou Olga Ameneiro.
A última charla deste calendario se celebrará o xoves 12 de xuño ás 20:45 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Anabel Valera (deseñadora de Artes Gráficas) falará sobre Ferramentas imprescindibles para a pequena empresa: imaxe de marca e mercadotecnia estratéxica. A entrada é de balde.
Olga Ameneiro agradeceu a colaboración do Concello de Narón pola seu apoio incondicional a PEMES e autónomos nestes tempos tan difíciles para nos. O Concelleiro de Promoción Económica lembrou que o comercio é un sector moi importante para un municipio, polo cal resulta imprescindible manter unha colaboración entre ambos. E o Alcalde de Narón concluíu expresando o seu desexo de que os veciños se impliquen cada vez máis co comercio local.