Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE O VAL CELEBRA A 17ª EDICIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
Os actos conmemorativos inclúen un concurso de Fotografía Turística de O Val, xogos, música, churrascada e a recreación da Lenda da Pena Molexa.
Narón, 20 de Xuño de 2014.- A parroquia de O Val acollerá mañá o acto central da 17ª edición das Lendas da Pena Molexa. A cita será o sábado 21 de xuño, no lugar de Vilasuso (O Val), no que se desenvolverán as seguintes actividades: *Ás 17:30 horas: Xogos populares (carreiras de sacos, tiro de corda e cortado de troncos) e deporte rural. *Ás 20:30 horas: Actuación do Grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón. *Ás 21:00 horas: Churrascada popular con: Churrasco Molexo e Bocata Lopeso. *Ás 22:30 horas: Actuación de Música Folk a cargo do grupo Chiculate. *Ás 00:00 horas: Representación das Lendas da Pena Molexa, a cargo do Grupo de teatro de Maiores de O Val, e de veciños/as desta parroquia. *Ás 00:30 horas: Lumeirada e Actuacion do Dúo Boreal. Ademáis destes actos, foi convocado o 2º Concurso de Fotografía ‘Parroquia do Val’, para mostrar a riqueza desta parroquia, tanto no seu patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es