Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN RONDA OS 40.000 HABITANTES E PRESENTA UNHA CAMPAÑA PROMOCIONAL PARA CELEBRAR ESTA CIFRA
Narón, 29 de Maio de 2014.- O Concello de Narón está a piques de lograr a cifra de 40.000 veciños/as empadroados neste municipio. Por este motivo, hoxe foi presentada unha campaña institucional baixo o lema “Narón, 40 mil razóns” que pretende ser unha demostración de ledicia e orgullo naronés. As primeiras accións desta campaña son a edición dun vídeo promocional no que os protagonistas son os propios veciños, e que foi estreado hoxe no Café Teatro do Pazo da Cultura, coa presenza destas persoas entre o público. O vídeo estará dispoñible nas redes sociais de Facebook, Youtube e Instagram, onde tamén se irán anunciando as vindeiras accións desta campaña, que se estenderán durante varios meses e que incluirán unha homenaxe ó veciño ou veciña que consiga ser o número 40.000 no Padrón Municipal. Proximamente se realizará un segundo vídeo, no que non só haberá imaxes senón tamén vídeo. Ademáis, farase un concurso nas redes sociais e haberá actividades pensadas para os nenos/as de Narón, que se irán desvelando en vindeiras datas. Na presentación de hoxe participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto (quen presentou unha moción aprobada en Pleno por unanimidade para celebrar o logro dos 40.000 habitantes), e os voceiros do PSOE, Catalina García, e do BNG, Pablo Villamar.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es