Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO UN NOVO PARQUE INFANTIL NA RÚA ITALIA, NO BARRIO DO ALTO
Con este espazo contabilízanse xa tres espazos públicos de xogo acondicionados polo Concello e certificados pola Unión Europea.
Narón, 31 de Maio de 2014.- O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, acompañado polo Presidente da AVV de O Alto, Paulino García, inaugurou onte un novo parque infantil, situado na rúa Italia. Trátase do segundo espazo de xogos público que se abre en menos dun mes e que cumpre a normativa 1176 da Unión Europea (UE) sobre seguridade infantil, certificada a través da ENAC (Entidade Nacional de Acreditación). O Concello invertíu un total de 25.000€ no acondicionamento deste novo espazo, que conta con diferentes elementos de xogo infantil. Nos vindeiros dous meses levaranse a cabo traballos adicionais neste lugar, para acondicionar unha parcela anexa ó parque, cun orzamento de 33.000€ adicionais, co fin de seguir abrindo novas zonas verdes no municipio. Este parque é o número 63 do municipio de Narón, o que supón unha media aproximada dun parque por cada 500 habitantes. A Concellería de Servizos de Narón continúa certificando parques infantís no resto do municipio. Precisamente onte tamén se lle colocou ó parque infantil da Rúa 25 de Xullo a certificación da UE, convertíndose así no 3º parque infantil que cumpre coa Normativa Europea, posto que a este e ó da rúa Italia hai que sumarlles o parque da Rúa Virxe de Covadonga, aberto o pasado 9 de maio no barrio de A Gándara. Estes parques infantís someteránse a un mantemento anual, e incorporarán un sistema electrónico de control en tempo real, a través dun sensor situado en cada elemento de xogo que se activa ó contacto cun teléfono móvil, enviando á central un resumen das incidencias, traballos e actuacións realizadas. Incluso se poderán xerar estatísticas coas que se obter datos, tales como as incidencias máis frecuentes por zonas, os elementos de xogo máis problemáticos, e outra información que servirá para optimizar as áreas de xogo e o seu uso.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es