Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE 2014
Se celebra o venres 6 de xuño na Casa da Mocidade, en A Gándara, coa participación de 150 mozos/as de toda Galicia.
Narón, 3 de Xuño de 2014.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o Encontro Local da Mocidade 2014, que se celebrará na tarde do venres 6 de xuño, na Casa da Mocidade (A Gándara). Está prevista a participación de 150 mozos/as tanto de Narón coma da bisbarra e doutros puntos de Galicia. Os participantes teñen entre 14 e 30 anos de idade, e daranse cita entre as 16:00 e as 00:00 horas. Nesta 12ª edición do Encontro da Mocidade, o Concello de Narón promoverá as seguintes actividades dirixidas á xuventude: -Exhibición-obradoiro de Graffiti. -Concertos lanzadeira dos grupos “Bulldozer”, “Wolfram”, “Rook” e “Neurótika”, que habitualmente empregan as aulas de ensaio da Escola da Música Moderna. -Obradoiros de tuneado de camisetas. -Obradoiro de Tenis de Mesa. -Exhibición de Zumba. -Obradoiro de Tiro con Arco. -Obradoiro de Patinaxe en liña. -Obradoiro de “Flag-Fútbol”. -Exhibición de Jugger. -Obradoiro de Surf. -Obradoiro de Nutrición. -Obradoiro de Accesibilidade (Baloncesto en cadeira de rodas). “Proxecto Peciños”. -Obradoiro de Taichí. -Actuación de Miscelánea (grupo de artes escénicas con mozos/as da comarca). Ademáis, se as circunstancias metereolóxicas o permiten, realizaranse tres actividades no exterior da Casa da Mocidade: -Minicircuito de karts. -Obradoiro de BTT. -Exhibición de patinaxe agresivo e skate. Paralelamente ó Encontro da Mocidade, instalaranse tres stands informativos da Asociación xuvenil “Xeración”, a Asociación de Parkour, e a Carpa ‘Xplora Xuventude’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Asimesmo, colaborarán de forma voluntaria os seguintes grupos e asociacións: *Grupos de graffiteiros. *Grupos de música das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna e alumnado. *Club Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’. *Club Arco Narón. *Grupo de patinadores/as e BTT. *AVV As Regueiras do Feal. *Escola de Surf Pantín. *Especialistas en Taichí, Jugger e Flat Fútbol. *Asociación de Minusválidos de Narón. *Asociación xuvenil “Xeración”. *Asociación de Parkour.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es