Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO DO 29 DE AGOSTO DE 2007
Ás once da mañá do día vintenove de agosto celebrouse unha sesión plenaria de carácter extraordinario no salón de plenos da casa consistorial de Narón.
Dous foron os asuntos tratados nesa sesión plenaria: Así, aprobouse (cos votos en contra dos representantes do Partido Popular, do BNG e do PSdeG-PSOE, e a favor dos membros de Terra Galega) a modificación do contrato de concesión do servizo público de aparcamento na Praza de Galicia, mediante concesión administrativa, no referente o cadro de tarifas aplicable á concesión, fixando a cuantía en 0,02 céntimos de euro/minuto; a renuncia da adxudicataria ao cobro do incremento dos IPCs correspondentes aos dos últimos anos, así como do IPC correspondente ao presente exercizo e o incremento do canon que a empresa concesionaria abonaba ao concello nunha cuantía anual de tres mil euros. Por outra banda e noutro punto adxudicouse a contratación por concurso con procedemento aberto da “Explotación da escola infantil municipal de A Gándara mediante Concesión Administrativa no Concello de Narón” á empresa CLECE S.A. . Neste punto, apoiado polos representantes do PP e TG, abstivéronse os representantes do BNG e do PSdeG-PSOE, incorporouse unha enmenda presentada pola portavoz do PP, relativa ao mantenimento do equilibrio económico financieiro da concesión no suposto de obtención de menores aportacións da Xunta de Galicia neste exercizo en relación co pasado ano, que en ningún caso, repercutirá sobre os pais dos alumnos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal