Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESENVOLVERÁ O 3º ENCONTRO MUNICIPAL INTERXENERACIONAL O SÁBADO 28 DE XUÑO NA FEIRA DO TRECE (SEDES)
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 20 de xuño nas asociacións participantes no Encontro.
Narón, 4 de Xuño de 2014.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, en colaboración co movemento asociativo de Narón, está a ultimar a organización do 3º Encontro Municipal Interxeneracional, que se celebrará o sábado 28 de xuño na parcela municipal da Feira do Trece (Sedes). Este evento diríxese ás persoas maiores e ás súas familias, que poderán participar dunha xornada de convivencia e dunha exposición de traballos e de diversas actividades de activación saudable e demostracións artísticas e expresivas como baile, xogos e actos protocolarios. O prazo para inscribirse no III Encontro Interxeneracional remata o día 20 de xuño. As persoas interesadas poden apuntarse nas seguintes asociacións: -Mulleres Rurais de Ferrerías (Xuvia). -AVV Ceibe de San Xiao. -AVV Alto do Castiñeiro. -Club de Anciáns de Piñeiros. -AVV Virxe de Fátima de Freixeiro. -Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. -Asociación da 3ª Idade da Gándara. -Asociación 3ª Idade de A Solaina. -AVV A Solaina. -AVV Chafarís. -Asociación da 3ª Idade de Pedroso. -AVV A Naveira de Doso. -Fundación Terra de Trasancos. -Cooperativa de O Val. -ASPANAES. -BBTTA. -Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón. -Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. -AVV As Regueiras de O Feal. -Aspanemi. -AVV Virxe do Mar. O servizo de transporte é gratuito para os asistentes, e poderán levar a súa comida ou contratala nalgunha das asociacións participantes, promovendo así unha comida compartida. O Programa de actividades do 3º Encontro Interxeneracional é o seguinte: 10:30-10:45 horas: Cancións de Animación. 10:45-11:05 horas: Musicoterapia. 11:05-11:20 horas: Danza oriental. 11:20-11:35 horas: Baile de salón. 11:35-11:50 horas: Cantareiras. 11.50-12:05 horas: Sonidos de amor. 12.05-12:20 horas: ‘Locomía’. 12:20-12:35 horas: Guitarra. 12:35-12:50 horas: Baile moderno. 12:50-13:10 horas: Final ‘Xogos Olímpicos’. 13:10-13:30 horas: Coral Municipal. 13:30 horas: Agradecementos. 14:00-16:00 horas: Xantar. 16:00-17:30 horas: Grupo Musical. 17:30-18:00 horas: Zumba. 18:00-19:30 horas: Grupo Musical. Ademáis destas actividades, durante toda a xornada haberá xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal