Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN 2014
Está dirixido a nen@s de 4 a 12 anos. Haberá quendas semanais durante o mes de xullo, na Casa da Mocidade (A Gándara). O programa é gratuito.
Narón, 5 de Xuño de 2014.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abrirá do 9 de xuño ó 14 de xuño o prazo de inscrición para participar no programa Conciliaescola Verán. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 8:30 a 13:00 horas) e a concesión de prazas será por rigorosa orde de inscrición. O Concello ofrece un total de 50 prazas para nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. O programa se desenvolverá durante o mes de xullo, dividido en quendas semanais (agás sábados, domingos e festivos): -1ª quenda: do 30 de xuño ó 4 de xullo. -2ª quenda: do 7 ó 11 de xullo. -3ª quenda: do 14 ó 18 de xullo. -4ª quenda: do 21 ó 24 de xullo. -5ª quenda: do 28 de xullo ó 1 de agosto. Tódalas actividades do programa Conciliaescola se realizarán na Casa da Mocidade (A Gándara) en horario de 7:30 a 14:30 horas, e con carácter gratuito. O obxectivo deste programa é facilitar ás mulleres a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, así como garantir o dereito de acceso á igualdade de oportunidades ás mulleres en risco de exclusión social e dos menores ó seu cargo. Para lograr este fin, en Conciliaescola se promoverán actividades de sensibilización sobre coeducación e igualdade de xénero. Os nenos/as participantes realizarán xogos coeducativos divididos en dous ámbitos: tarefas domésticas (a través da promoción dun reparto equitativos das tarefas do fogar) e xogos alternativos (realización de xogos alternativos e populares, contacontos e cantaxogos para favorecer a cooperación e a coeducación). Para máis información, os interesados en participar no programa poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal (981 33 77 00 extensión 1113). Esta actividade está subvencionada pola Deputación de A Coruña.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es