Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DAS ESCOLAS DE FAMILIAS, COA PARTICIPACIÓN APROXIMADA DE 50 PAIS/NAIS E FILL0S/AS
Os participantes dividíronse en tres grupos, e as clases foron impartidas en horario extraescolar no CRA, o CEIP Ponte de Xuvia e o CEIP A Gándara.
Narón, 16 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada, clausuraron onte o programa municipal de educación extraescolar “Escolas de Familias”, incluído no programa Promedex 2014. Os representantes municipais entregaron os diplomas ás familias no transcurso dunha convivencia levada a cabo no Centro Municipal ‘Manuela Pérez Sequeiros’. Nesta nova edición das Escolas de Familia participaron aproximadamente 50 persoas, entre pais, nais e fillos/as, divididos en tres grupos en función do colexio no que se desenvolveu o programa: o CRA, o CEIP Ponte de Xuvia e o CEIP A Gándara. As clases tiveron unha duración total de 40 horas, dende decembro ata xuño (a razón de 2 horas semanais). Tanto o Alcalde de Narón coma a Concelleira de Educación felicitaron ós participantes e reiteraron o compromiso do Concello de Narón de continuar ofrecendo este programa e seguir abrindo Escolas de Familias nos centros de ensino públicos, en horario extraescolar. Cabe lembrar que o programa naceu hai xa 26 anos no CPI de O Feal, onde se levou a cabo unha experiencia piloto desta escola activa non regulada para mestres/as, nais/pais e escolares. Posteriormente, creáronse unidades desta escola nos centros escolares de A Solaina, A Gándara, o CRA e institutos. Ó longo destes anos, o proxecto foi actualizándose de maneira continua dando resposta ás necesidades de información ou á metodoloxía educativa que as familias ou os centros demandaban. A Escola de Familia como tal, incide especialmente en tres parámetros: a nutrición infantil, a educación dixital e supervisión educativa nas TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e o análise pedagóxico do rol educativo das familias. Estes obxectivos leváronse a cabo a través dun proxecto de pedagoxía interdisciplinar, no que tres expertos/as (licenciada en pedagoxía, experto/a en autonomía dixital e licenciada en nutrición) interactuaron cos participantes a través de obradoiros prácticos, ensinándolles as destrezas necesarias para criar e educar de maneira equilibrada.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es