Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESCRITOR VICENTE ARAGUAS SERÁ O PREGOEIRO DA 16ª FESTA DO PEMENTO DO COUTO, QUE SE CELEBRARÁ O DOMINGO 20 DE XULLO
Distinguirase ó perruqueiro Antonio Calvo co Pemento de Honra da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.
Narón, 3 de Xullo de 2014.- A 16ª Festa do Pemento do Couto celebrarase o domingo 20 de xullo, no parque situado xunto ó Local Social Municipal de O Couto. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, acompañada dos representantes das entidades organizadoras: Anselmo Beceiro, presidente da AVV do Couto, José Manuel Leira, xerente da Cooperativa de O Val, e Tomás Casal, membro fundador da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. O programa de actos da Festa do Pemento do Couto é o seguinte: -10:00 horas: Mercadillo e Mostra de produtos do campo. -12:00 a 13:30 horas: Apertura ó público do Mosteiro do Couto, e visitas guiadas. -13:00 horas: Pregón a cargo do escritor Vicente Araguas, destacado poeta, narrador, tradutor e crítico literario. -13:30 horas: Nomeamento do novo membro da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. Nesta ocasión distinguirase co Pemento de Honra ó perruqueiro naronés Antonio Calvo, gañador de varios premios Fígaro, os galardóns internacionais máis importantes do mundo da perruquería. -14:00 horas: Xantar composto por churrasco con Pementos do Couto (serviranse perto de 100 quilos de pementos) e cachelos, pan, auga, viño e café ó tizón. As entradas teñen un prezo de 12 euros, e xa están á venda (pódense adquirir nos locais sociais municipais de O Alto e O Couto, na Cooperativa de O Val, e no 3º andar do Concello). Hai 400 localidades á venda. -16:30 horas: Concurso da cesta de produtos do campo mellor presentada. -18:00 horas: Baile amenizado por un grupo musical.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es