Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE UN CICLO DE CHARLAS SOBRE O APROVEITAMENTO DO MONTE
As charlas son gratuitas e se celebrarán o xoves 10 de xullo no Centro Manuela Pérez Sequeiros e o xoves 17 de xullo no local social da AVV Virxe de Fátima.
Narón, 4 de Xullo de 2014.- As Concellerías de Formación Laboral e Emprego e Promoción Económica, dirixidas por Mª del Mar Gómez e Pablo Villamar respectivamente, veñen de organizar un ciclo de Charlas Informativas dirixido ós propietarios de montes. Baixo o título “O aproveitamento integral do monte”, inclúense no programa ‘Monterrendible’. Este ciclo está composto por dúas charlas gratuitas, que se celebrarán segundo sigue: -Xoves 10 de xullo ás 19:00 horas no Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros. -Xoves 19 de xullo ás 19:00 horas no Local Social Municipal da AVV Virxe de Fátima (Piñeiros). Os interesados nesta proposta poden obter máis información no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ou no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113). O programa Monterrendible foi creado no ano 2012 polo Concello de Narón, para proporcionar asesoramento gratuito ós propietarios de montes e terreos baldíos nas seguintes materias: -Xestión sostible dos montes e terreos, con axuda en xestión sobre plantacións, madeira, agricultura, variedades autóctonas, gandeiría, biomasa, cultivos de cereais, froitos silvestres, fungos, prevención de incendios, etc… -Realización de melloras técnicas das masas forestais mediante tratamentos silvícolas, podas, rozas, plantacións, etc… -Cooperación para a mellora do desenvolvemento rural. -Información e solicitude de subvencións e axudas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal