Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACHEGA 5.000 EUROS PARA FINANCIAR AS OBRAS DE REPARACIÓN DO LOCAL DA SCR A POMBIÑA, AFECTADO POLOS TEMPORAIS DESTE INVERNO
Os traballos, xa finalizados, consistiron no amaño e reposición de mobiliario e materiais e no pintado do local desta entidade situada en Pedroso.
Narón, 21 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa (SCR) ‘A Pombiña’, Ana Belén García Torrente, asinaron hoxe un convenio de colaboración para financiar as obras do local desta entidade (ubicado no Lugar da Torre, número 23, Pedroso), que ven de sufrir importantes danos con motivo dos temporais do último inverno. O Concello de Narón colaborará coa SCR A Pombiña a través dunha achega económica de 5.000€ para sufragar estes gastos. As obras xa están finalizadas e consistiron no amaño e reposición do mobiliario e materiais, así como o pintado do local social desta entidade, na que se desenvolven diversos programas municipais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal