Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 25 NEN@S DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN, QUE SE DESENVOLVE NA CASA DA MOCIDADE
As actividades realízanse de luns a venres en horario de mañá, durante o mes de xullo.
Narón, 23 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, realizou hoxe unha visita ós nenos/as participantes no programa municipal ConciliaEscola Verán, que estase a desenvolver durante o mes de xullo na Casa da Mocidade (A Gándara) en horario de 7:30 a 14:30 horas. Trátase dun programa gratuito, dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal deles e as súas familias. ConciliaEscola está dividido en quendas semanais (de luns a venres), iniciándose o 30 de xuño e rematando o 1 de agosto, nun total de 5 semanas con 25 participantes en total. Neste tempo, os nenos/as realizan diferentes actividades como: -Actividades de sensibilización mediante fotografías que fomentan o intercambio de opinións, xogos semi-dirixidos sobre coeducación, dramatizacións e xogo de roles de estereotipos. -Xogos coeducativos: tarefas domésticas (promocionando un reparto equitativo das tarefas do fogar) e xogos alternativos (xogos populares, cantaxogos e contacontos para favorecer a cooperación e a educación).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal