Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS XORNADAS GASTRONÓMICAS 'HORTA DE NARÓN 2014' REMATAN CUN GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN ENTRE OS LOCAIS DE HOSTELERÍA DE NARÓN
Promocionáronse o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago a través da degustación gratuita de tapas realizadas con estos ingredientes como base.
Narón, 23 de xullo de 2014.- Está mañá celebrouse no Concello de Narón o sorteo das 23 cestas con produtos da terra (unha por cada establecemento participante) e das estancias nunha casa de turismo rural no Ribeiro entre o público que degustou as tapas preparadas dentro das xornadas gastronómicas “Horta de Narón” celebradas do 10 ao 19 deste mes en Narón. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, puxeron de manifesto ao longo do acto o éxito da 2ª edición desta iniciativa enmarcada no Narón Gastronómico para promocionar en Galicia o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago e dinamizar a hostalería local e que contou coa colaboración da Cooperativa do Campo Galego O Val-Narón e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro. As persoas que se achegaron aos establecementos inscritos nas xornadas poideron participar no sorteo das cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dúas escapadas enogastronómicas para dúas persoas que comprenden: noite e almorzo no Hotel Rural de Bodega Viña Meín (Leiro); cea ou comida en gastro-bar O Birrán (Ribadavia), visita a bodega e entrada a túnel de viños (máis de 15 de referencias D.O. Ribeiro) en Igrexa da Madalena. Os fins de semana a elexir son: 8-9 de agosto, 23-24 de agosto, 5-6 de setembro; 20-21 de setembro. A organización poñerase en contacto en breve cos agraciados para comunicar os premios. Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, fíxose o pasado xoves 17 de xullo fíxose unha presentación e degustación posterior con presencia dos medios de comunicación xeneralistas e especializados do Pemento do Couto e o Tomate Negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Pontevedra, “O Eirado da Leña”. Membro da prestixiosa asociación culinaria galega Grupo Nove, o chef Iñaki Bretal é un dos cociñeiros mellor posicionados no sector a nivel global. Con motivo da iniciativa “Horta de Narón”, Iñaki Bretal elaborou creacións exclusivas a base destas dúas hortalizas do campo naronés. “Horta de Narón” rematou o domingo 20 de xullo coa tradicional Festa do Pemento, na que se deron cita produtores, comercializadores, establecementos de hostalería e público en xeral para exaltar, poñer en valor e gozar desta deliciosa hortaliza. O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas. A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas, a súa docura e que non pica. Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano 2012 a Cooperativa do Val produce o Tomate Negro de Santiago, un tomate cun alto grao de azucres e acidez e excelente sabor que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es