Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN XUVENIL CROIO EN MATERIA MEDIOAMBIENTAL
Os membros desta asociación limparán as beiras do río Xuvia e prantarán novas árbores, entre outros acordos recollidos neste convenio.
Narón, 24 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o representante da Asociación Xuvenil de Tempo Libre Croio, David Corral, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de actividades medio ambientais, encamiñadas á recuperación e conservación de espazos naturais ubicados no municipio. A asociación Croio desenvolve actividades de promoción, formación e ocio da xuventude, especialmente do medio natural. Os seus socios tratan de difundir á mocidade valores que favorezan o coñecemento, o respecto e o amor á natureza. En virtude deste acordo, a entidade desenvolverá en colaboración coa Concellería de Medioambiente, un programa baseado nas seguintes accións: -Limpeza popular das beiras do Río Xuvia, implicando para elo ó maior número de mozos/as posible. -Campaña de “Aniñamento”, consistente na fabricación de medio cento de caixas aniñadeiras para paxaros de pequeño tamano, colocándoas nas zonas de fraga autóctona de Narón. -Sementado e plantación de árbores de pouca presenza no municipio (coma gniko, acacia amarela, acacia de tres espiñas, choiva de ouro, cornello de frol, árbore do coral, aciñeiras…) -Inventario de árbores singulares de Narón. Croi aportará os medios humanos e materiais para dar cobertura a estas accións, e o Concello dará soporte económico, cunha achega de 2.000€ destinados a este fin.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal