Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA OFRECERÁ UNHA VARIEDADE DE ESPECTÁCULOS NA TEMPORADA DE OUTUNO DE 2014
Haberá teatro, música, danza, maxia e incluso circo. Consulte aquí a programación teatral de outubro a decembro.
Narón, 12 de Setembro de 2014.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón ven de presentar a programación cultural do último trimestre do 2014, que se desenvolverá do 19 de setembro ó 27 de decembro no Pazo da Cultura. A oferta cultural destes tres meses contempla unha diversidade de xéneros culturais coma o teatro, os monólogos, a música, a zarzuela, a maxia, a danza e mesmo o circo. Ademáis, de entre tódolos espectáculos haberá tres estreas. Destaca asimesmo a presenza de importantes figuras da música e/ou do mundo da interpretación Programación cultural de setembro a decembro de 2014: SETEMBRO Venres 19 e sábado 20: Comedia: “Diálogo do can e seu amo sobre a necesidade de morderlles aos amigos” de Teatro do Morcego. Estrea. Sábado 27: Comedia: “Demolición” de Talía Teatro. OUTUBRO Xoves 2: Concerto de “Milladoiro + Tiruleque”. Sábado 4: Monólogos: “Noites de retranca” de Rababiero Producións. Venres 10: Teatro: “Kathy y el hipopótamo” de Teatro Español. Protagonizada pola actriz e cantante Ana Belén. Sábado 11: Concerto: “Son de Seu + Bellón Maceiras”. Domingo 12: Teatro Infantil: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” do Centro Dramático Galego. Venres 17 e sábado 18: Comedia: “Selección natural” de Teatro do Noroeste. Estrea. Xoves 23: Música pop: “La canción del bolsillo roto” de Marcos Mella Trío. Sábado 25: Comedia: “Qfwqf, una historia del universo” de Meridional Producciones. Venres 31: Teatro clásico: “Cyrano” de Teatro Galileo. Estrea. NOVEMBRO Sábado 1: Teatro clásico: “Cyrano” de Teatro Galileo. Xoves 6: Música Folk Tradicional: “Sotaque” con José Manuel Budiño. Domingo 9: Danza contemporánea: “Constelaciones” de Aracaladanza. Xoves 13: Música celta: “Mar Maior” con Luar na Lubre. Xoves 13: Comedia “Misterio cómico” de Teatro do Morcego (Café Teatro do Pazo). Sábado 15: Danza: “Comunicando-incomunicando” de Kukai Dantza. Domingo 16: Clown: “Alegría, palabra de Gloria Fuertes” de Teatro de Malta. Domingo 23: Comedia: “Xango (a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina) de Talía Teatro. Venres 28: Maxia-ilusionismo: “Manifesto” de Martín Varela. Sábado 29: Teatro-circo: “Cabaret Elegance” de Elegants. DECEMBRO Xoves 11 e venres 12: Comedia: “Decamerón, historias para tempos ruíns” de Abrapalabra Creacións Escénicas. Sábado 13: Maxia: “Os anos 80 vistos polo mago Teto” co Mago Teto. Xoves 18: Música Gospel: “Mississippi Mass Choir” de Conciertos del Norte. Venres 19: Zarzuela: “Antología escénica de la Zarzuela” da Compañía Lírica de Galicia. Sábado 27: Comedia: “A idade da pavía” de Sarabela Teatro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal