Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN DISPÓN DUN NOVO ESPAZO VERDE DE 1.500 M2 QUE CONECTA AS ZONAS DE O ALTO E CIUDAD EUROPA
O parque está situado na rúa Italia, e dispón de xogos infantís e mesas de picnic.
Narón, 21 de Outubro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Tenente de Alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, e o Concelleiro de Transporte Público, Mario Isasi, visitaron hoxe unha nova zona verde que se ten acondicionado no municipio. Fixéronno acompañados por representantes da AVV do Alto e da comunidade de propietarios de Ciudad Europa, xa que o parque está situado entre ambas zonas e as conecta entre sí. Trátase espazo verde de 1.500 m2 de superficie, situado na rúa Italia e que é accesible tamén dende as rúas Portugal, Rafael Barez e Reis Magos. Este espazo está pensado tanto para os máis pequenos coma para a xente adulta xa que dispón de parque infantil e tamén dunha zona de merendeiro e recreo. O Concello ten invertido en total 70.000 euros entre a creación do parque infantil (posto en servizo no ano 2013) e o acondicionamento da zona anexa. O primeiro conta con diversos xogos coma una rede con tobogán e casita, un balancín e columpios, todo sobre chan de caucho. Os xogos infantís cumpren a normativa europea de seguridade infantil (EN-UNE-1176-7). Respecto á zona verde, dispón de diferente mobiliario urbano coma mesas de picnic, unha fonte de beber, tres bancos e papeleira. O paisaxe está conformado por máis de 600 plantas (entre árbores e arbustos) e tres árbores de gran porte que xa existían neste lugar: dous cereixos e un avellano. O Alcalde de Narón destacou a importancia de “recuperar zonas deterioradas e degradadas e poñelas ó servizo dos veciños. Con esta actuación tamén cumprimos outro dos nosos obxectivos que é fomentar a conexión entre os barrios da cidade”, sinalou José Manuel Blanco. Ademáis deste novo parque, a zona dispón doutros 1.500 m2 de zona verde situados na rúa Gales e na rúa Alvaro Cunqueiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal