Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL ASINAN UN CONVENIO EN MATERIA DE IGUALDADE
Permitirá prestar atención a mulleres vítimas da violencia de xénero.
Narón, 17 de Novembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación Patronato Concepción Arenal, Beatriz Dorrio, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Igualdade, acompañados pola concelleira da área, Teresa Sabio. O obxecto deste acordo é desenvolver actividades no ámbito da promoción social e da igualdade. En concreto, o presente convenio permitirá as seguintes accións: -Poñer a disposición do Concello de Narón o centro de acollida do Patronato para o acollemento temporal de mulleres, soas ou acompañadas dos seus fillos, que sofren situación de violencia e/ou exclusión social. -Prestar atención psicolóxica, social e xurídica a través dos propios recursos do patronato. -Intervención nas áreas convivencial e familiar, educativa-labora, de saúde e socioeconómica. -Seguimento e apoio ás mulleres que residiron no Patronato. O Concello de Narón, pola súa banda, fará unha achega económica de 1.000 e prestará asesoramento do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado cos programas a desenvolver, co seguinte persoal: -1 técnico en xestión de servizos. -1 administrativo/a. -1 educador/a social. -1 avogado/a. -1 técnico de xestión de programas. -1 técnico de xestión financeira. O convenio ten unha vixencia anual, correspondente ó período entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es