Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ORZAMENTO MUNICIPAL DE NARÓN PARA O ANO 2015 PRIORIZARÁ O GASTO NAS PERSOAS
O documento contable parte da cifra de 28 millóns de euros, e se debatirá no Pleno Ordinario previsto para o xoves 27 de novembro.
Narón, 24 de Novembro de 2014.- O Orzamento Municipal de Narón para o ano 2015 foi presentado hoxe en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, que estiveron acompañados polos voceiros dos grupos do goberno municipal (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Catalina García –PSOE- e María Rodríguez Porto –Converxencia Galega-). Trátase dun orzamento “que mantén a idea de que as persoas son o primordial nestes tempos de crise”, comentou o Alcalde, quen avanzou a cifra de saída deste documento contable para o vindeiro ano. “Partimos de 28.058.922,45€ pero chegaremos perfectamente ós 30 millóns de euros” sinalou José Manuel Blanco. Estes orzamentos nacen ademais coa idea “de que o futuro goberno que saia elixido nas eleccións municipais do 2015 teña crédito suficiente para organizar o que faga falta” engadiu o rexedor naronés, ó tempo que aclarou que non se teñen incluído as aportacións doutras administracións pero que sí se incorporarán cando se formalicen. É o caso, por exemplo, do protocolo asinado coa Deputación para a rehabilitación da Casa Rectoral de Pedroso e a instalación da Concha Acústica no Pazo da Cultura. “Ambas inversións están incluídas no protocolo firmado coa Deputación e incorporaremos eses cartos ó Orzamento Municipal cando se asine o convenio, en 2015” sinalou Blanco. O que sí se ten incorporado son as aportacións que realizará o Concello de Narón para ambas actuacións (que suman en conxunto 135.000€, o que supón o 20% do total) e tamén a inversión municipal no futuro Centro de Saúde (169.000€ para o acondicionamento da parcela e a obra do edificio). O Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicou que os Orzamentos do ano 2015 “son o froito dunha política de sostenibilidade e inversión nas persoas, promovida por este grupo de goberno”. O edil explicou a distribución dos ingresos e dos gastos por área, que será a seguinte: INGRESOS Impostos indirectos 12.107.478,17€ Impostos indirectos 260.000,00€ Taxas e outros ingresos 5.083.902,73€ Transferencias correntes 10.024.032,28€ Ingresos Patrimoniais 49.171,20€ Transferencias de capital 464.338,07€ Activos financeiros 70.000,00€ Orzamento total 28.058.922,45€ GASTOS Gastos de persoal 8.143.397,03€ Gastos en bens correntes e servizos 14.160.625,40€ Gastos financeiros 297.462,45€ Transferencias correntes 268.675,09€ Investimentos reais 1.143.062,44€ Transferencias de capital 100.000,00€ Activos financeiros 70.000,00€ Pasivos financeiros 1.459.700,04€ Orzamento total 28.058.922,45€ Tanto o Alcalde coma os voceiros dos grupos políticos que conforman o goberno - ademais do propio Concelleiro de Xestión Orzamentaria e portavoz do BNG- destacaron o consenso reinante no goberno municipal de Narón, que se reflexa entre outros aspectos na elaboración destes Orzamentos. “Estamos a demostrar que por encima dos intereses partidistas que teñen outros, a nos como goberno o único que nos interesa é ofrecer a maior calidade de vida posible ós nosos veciños e veciñas”, declarou o Alcalde. A voceira do PSOE, Catalina García, engadiu que o orzamento “recolle un aumento de máis de 40.000 euros de saída para atender ás persoas que peor o están a pasar. Narón ten un compromiso real cos seus cidadáns, e o estamos a demostrar con feitos coma este” indicou. En representación de Converxencia Galega, María Rodríguez Porto indicou que “dado que a nosa prioridade son as necesidades dos nosos veciños, temos elaborado un orzamento realista, tendo en conta a situación actual e considerando que descoñecemos os ingresos que teremos doutras administracións”. Finalmente, para rematar o voceiro de TEGA e Tenente de Alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, declarou que “nestes catro anos de Corporación se sacaron adiante os orzamentos do xeito máis digno posible, a pesares das dificultades da situación do país. Incluso imos a continuar crecendo, posto que en 2015 teremos máis persoal” sinalou en relación á incorporación de tres novos axentes da Policía Local de Narón e ó equipo de Emerxencias. Os Orzamentos Municipais de Narón para o ano 2015 someteranse a votación na Sesión Plenaria Ordinaria prevista para o vindeiro xoves 27 de novembro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal