Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO 'O NOBELO DO TEMPO EN NARÓN II' E DA CURTAMETRAXE 'NARÓN XL'
A gala celébrase o domingo 14 de decembro, con entrada de balde, previa retirada de invitación nas billeteiras do Pazo.
Narón, 5 de Decembro de 2014.- A Concelleiras de Ensino e Turismo de Narón, Mª del Carmen Espada e María Rodríguez Porto, presentaron hoxe en rolda de prensa dous eventos que se desenvolverán o domingo 14 de decembro, a partires das 19:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Trátase da presentación do libro “O Nobelo do Tempo en Narón II” e da curtametraxe “Narón XL”. Ambos forman parte dunha gala organizada polo Concello de Narón, e que será presentada pola monologuista Eva Castro. Contarase coa colaboración de Laura Morgade ó piano e do alumnado da Escola de Teatro de Narón, ademáis de outras sorpresas. Ó remate do evento, colocarase un photocall da entrada do Pazo para que o público poida sacar a súa propia foto, que posteriormente será colgada nas redes sociais do Concello (previa autorización). As persoas interesadas en asistir poden retirar as invitacións (gratuitas) nas billeteiras do Pazo da Cultura. “O Nobelo do Tempo en Narón II” nace logo do éxito e a acollida que tivo en Narón a primeira edición deste volume, que recompila o patrimonio cultural popular, co fin de poder ofrecelo ás xeracións máis novas. Este libro está elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello (servizo subvencionado pola Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña) e a través do mesmo “preténdese seguir avanzando na recollida de novas formas de literatura oral popular” tal e como recalcou a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada. Para levar a cabo este traballo, contouse coa colaboración de moitas persoas e entidadesde Narón, entre elas a Asociación Cultural Areosa, o alumnado das actividades do Centro Municipal de Maiores ‘Manuela Pérez Sequeiros’, ou o alumnado de 3º e 5º de Primaria do CPR Ayala, así como material cedido polo CPR Santiago Apostol, recollido tamén durante varios anos. As persoas interesadas en facerse cun exemplar deste libro poderán pasar polo Servizo de Normalización Lingüística a recollelo a partir do 15 de decembro. Ademáis, enviaranse exemplares deste libro ós colexios e Escolas Infantís Municipais de Narón, e tamén estará dispoñible na Biblioteca Municipal do Alto. Respecto ó estreo da curtametraxe “Narón XL”, a Concelleira de Ensino de Narón explicou que “trátase dun proxecto conxunto entre o Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Turismo, en colaboración coa Alcaldía, co que se pretende divulgar o coñecemento deste municipio dunha forma lúdica. Ó mesmo tempo, preténdese destacar a importancia do acerbo cultural, patrimonial, xeográfico e poboacional, así como mellorar a presenza da lingua galega nas novas tecnoloxías” apuntou Mª del Carmen Espada. Nesta curta –rodada entre agosto e decembro de 2014- participou unha parte do alumnado do Curso de Creación de Curtas, Blogs e Literatura Popular Galega, realizado neste ano no Concello. Este alumnado elaborou o guión, actuou e traballou na parte técnica deste proxecto audiovisual. Segundo explicou a Concelleira de Turismo de Narón, “escolleuse como título da curta “Narón XL” porque o argumento xoga co habitante corenta mil de Narón, seguindo a campaña realizada polo Concello baixo o título Narón 40.000 razóns, coa que se celebra a chegada ós 40.000 habitantes, consolidándose coma a oitava cidade máis poboada de Galicia”. María Rodríguez Porto tamén adiantou que “a trama da curta céntrase nun grupo de monxes do Mosteiro do Couto que son os encargados de custodiar un elemento que foi pasando de man en man ó longo dos séculos, e que debe chegar ó habitante 40.000 de Narón” sinalou. A curta está dirixida pola empresa Fabaloba, que tamén se encargou da gravación e da montaxe. As persoas participantes son as seguintes: Pedro Caneiro, ALberto Ladero, Susana Mauriz, Carmen García, Jualia Elaine, Isabel Acede, Manuel Golpe e Eva Castro. “Trátase dunha boa maneira de coñecer o noso concello de forma dinámica e divertida” sinalou a responsable de Turismo, ó tempo que agradeceu a participación do alumnado deste curso, que elaborou o guión e colaborou na parte técnica deste proxecto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal