A PARROQUIA DE SEDES CELEBRA A TRADICIONAL NOITE DA LUZ 2014 CO ACENDIDO DA RODA DA LUZ NO MONTE ESPERÓN
Será na tarde-noite do día 13 de decembro, coincidindo coa onomástica de Santa Lucía,
Narón, 12 de Decembro de 2014.- O Grupo de Traballo para o Desenvolvemento Socioeconómico de Sedes, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón, celebrará mañá a Noite da Luz 2014. Trátase dunha festa popular que se celebra coincidindo coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro), día con menos luz do ano, e que marca o solsticio de inverno.
As actividades comezarán ás 19:00 horas no entorno da Feira do Trece, de onde partirá a Comitiva da Luz dende a capela de Santa Lucía ata o alto do Monte Esperón, onde está previsto o acendido da Roda da Luz e a lectura do tradicional pregón, sobre as 19:45 horas.
Finalizado este simbólico acto, os veciños participantes se desprazarán ata o Local Social Municipal de Sedes, onde compartirán unha degustación de caldo comunitario. Para amenizar a xornada, ás 20:30 horas o grupo Mestura Teatro representará a obra Un bonito cuento (texto orixinal de Paulo Coelho).
Para finalizar, ás 21:00 horas haberá repichoca popular co grupo Xente Nova e degustarase unha queimada comunitaria.