Son 4 carros da compra valorados en 100 cada un e 1 cesta de nadal, sorteados nos establecementos participantes.
Narón, 15 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, entregaron hoxe os catro primeiros carros da compra e a primeira cesta de nadal, incluidos na campaña Comercio de Narón: en Nadal e sempre.
A relación de clientes premiados é a seguinte:
Carros da compra
-Celsa Romero (sorteado en Kensington Sport).
-Teresa Díaz (Peluquería Ana y Hermi)
-Jose Luís Martínez (Froitas Améndoa)
-María Enríquez (Monique Priveé)
Cesta de nadal
-Salvador Corral (Librería DAY)
A campaña promocional do comercio de Narón iniciouse o pasado 1 de decembro e se estenderá ata o día 8 de xaneiro de 2015. Máis dun centenar de establecementos comerciais e de hostalería están adscritos a esta iniciativa, a través da cal repártense papeletas entre os clientes, para participar nos sorteos.
Nesta campaña tamén se sortearán 2 vales de compra de 500 e 2 vales de compra de 300 cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña. Ademáis se sortearán outros 13 carros da compra (valorados en 100 cada un) e 3 cestas de Nadal.